o centro

A nosa historia

Galardón Vigués Distinguido concedido por el Ayuntamiento de Vigo con motivo del 50 aniversario
O Colexio Atalaya Cantabria comezou a súa andaina no ano 1.966, polo que nos avala unha ampla experiencia de máis de 50 anos.
Comezou sendo unha pequena escola unitaria, que co tempo foi ampliando e reformando as súas instalacións ata chegar ao estado actual.
O noso colexio está aberto a todas as familias, calquera que sexan as súas crenzas e a súa procedencia, sempre que acepten o noso proxecto educativo.
Para nós, os nenos/as son o eixo da nosa organización e o centro de interese da vida escolar.
O centro conta cun sistema docente que se adapta progresivamente ás esixencias da sociedade. O noso compromiso cos estudantes é ofrecerlles unha eficiente preparación, baseando o noso traballo en metodoloxías destinadas a afrontar toda unha gama de coñecementos, que lles permita desenvolverse e actuar con éxito, capaces de responder máis tarde as expectativas de calidade e competitividade do mundo ao que terán que enfrontarse.
 

Metodoloxía

A nosa preocupación non é soamente instruílos para facelos máis competitivos, senón formalos en valores como a vida, o amor, o respecto, a liberdade, a xustiza e a solidariedade, para facelos cidadáns de ben e que teñan como postulados durante toda a súa vida os valores e principios aprendidos na escola. A relación entre familia e colexio é un dos piares máis importantes no noso centro.Un dos nosos obxectivos é crear un clima de cooperación entre familias, profesores e alumnos para así mellorar logros académicos e para incrementar a adaptación social en clase, a través do mutuo respecto e o entendemento. 

O noso deseño educativo baséase en, unha metodoloxía individualizada, que permita adecuar os programas aos nenos e niveis de aprendizaxe que ten cada un e atender os problemas específicos facendo un seguimento individualizado. Sabemos que, cada alumno constrúe a súa aprendizaxe en función das súas capacidades, habilidades e destrezas, do seu nivel de linguaxe, das condutas e hábitos aprendidos, dos trazos persoais. Cada persoa ten o seu propio ritmo de evolución e, por tanto, o seu propio ritmo, proceso e nivel de aprendizaxe.

Servizos

Comedor

O colexio conta con servicio de comedor para os nenos en nenas en horario de 14:00h ata ás 15:30h.

Extraescolares

Ofrécense actividades extraescolares como natación, taekwondo, inglés, ximnasia rítmica ou xadrez.

Transporte

Ofrécense percorridos en varias liñas, con 4 servizos diarios, que poden axustarse baixo demanda.

Aula matinal

O colexio conta con servizo de aula matinal ou de madrugadores, dende as 7.30h ata ás 8.30 h.

Aula estudio / concilia

Para os alumnos que o desexen dispoñemos de aula de estudio e concilia, cun horario de 15.30h ata ás 16.30h.

Uniforme escolar

No noso Centro apostamos polo uniforme por considerar que a súa utilización garante a igualdade de todo o alumnado. O uniforme tanto escolar como deportivo é obrigatorio en todas as súas pezas e cores para todo o alumnado.A continuación exponse un modelo dos uniformes e pezas deportivas propias do noso centro. O xersei do uniforme e as pezas do uniforme deportivo véndense no propio centro.

O uniforme escolar utilizarase en todas as Etapas Educativas. A continuación, detállanse as características do novo uniforme escolar:

AMPA Agarimo

A AMPA Agarimo do Colexio Atalaya Cantabria foi creada no ano 2017, e dende entón colabora activamente co centro, aportando e organizando actividades para as familias e os alumnos, tanto en horario lectivo como non lectivo.

No caso de necesitar contactar coa AMPA, aquí podes atopar os datos de contacto.

Logotipo del AMPA Agarimo del Colegio Atalaya Cantabria

Oferta formativa

Coñece as etapas de educación infantil e primaria que ofertamos.