colexio plurilingüe atalaya cantabria
Educando nen@s, formando persoas
O Colexio Atalaya Cantabria comezou a súa andaina no ano 1.966, polo que nos avala unha ampla experiencia de máis de 50 anos.
Para nós, os nenos/as son o eixo da nosa organización e o centro de interese da vida escolar. O centro conta cun sistema docente que se adapta progresivamente ás esixencias da sociedade.
contra o acoso e ciberacoso escolar
Punto Laranxa contra o acoso escolar
Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! Non quedes calado, escoitámoste!
As mensaxes son anónimas.
etapas de educación
Infantil e Primaria
1º Ciclo Infantil
Na nosa Escola Infantil para nen@s de 0-3 anos o obxectivo é o desenvolvemento dos aspectos físicos, afectivos, sociais dos nen@s.
2º Ciclo Infantil
Esta etapa abarca dos 3 ós 6 anos. Nesta etapa foméntase a independencia dos alumnos e o desenvolvemento das súas habilidades.
Primaria
A educación nesta etapa oriéntase non soamente nos aspectos coginitivos senón que tamén se presta atención á formación en valores.
moito mais que un colexio
Servicios adicionais
Comedor
O colexio conta con servicio de comedor para os nenos en nenas en horario de 14:00h ata ás 15:30h.
- 14:00 - 15:30
Extraescolares
Ofrécense actividades extraescolares como natación, taekwondo, inglés, ximnasia rítmica ou xadrez.
- Segundo cada actividade
Transporte
Ofrécense percorridos en varias liñas, con 4 servizos diarios, que poden axustarse baixo demanda.
- 4 servizos diarios
Aula matinal
O colexio conta con servizo de aula matinal ou de madrugadores, dende as 7.30h ata ás 8.30 h.
- 7:30 - 08:30
Aula de estudio
Para os alumnos que o desexen dispoñemos de aula de estudio gratuita, cun horario de 15.30h ata ás 16.30h.
- 15:30 - 16:30 - GRATIS
Entrada libre dos alumn@s de 8.30 a 9.00 H
Axudamos ás familias coa conciliación, permitindo o acceso ó colexio de forma flexible dende as 8:30 h cada mañá.
pasión pola lectura
Biblioteca escolar
A nosa biblioteca é un espazo alegre, motivador e educativo mediante o cal favorecemos o encontro, a formación e a compensación das desigualdades sociais creando un clima positivo, favorable e lúdico cara a lectura.
Coñece tamén a nosa radio escolar: "A Voz do Atalaya".
Plan Dixital
O noso centro comezou as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do PLAN DIXITAL no curso 2021-2022. Para a elaboración do noso Plan Dixital tivemos en conta as principais fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades para mellorar as competencias dixitais en todos os niveis e etapas educativas, mellorando así as denominadas competencias STEM, e marcándonos obxectivos de cara aos vindeiros cursos, seguindo a estratexia de Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia cun alumnado dixital pleno e o perfeccionamento das competencias e capacidades dixitais para unha transformación dixital.
Subvencións a centros privados sostidos con fondos públicos para á dotación de medios dixitais apropiados para o ensino-aprendizaxe.
Apoiado pola:
matrículas e trámites
Secretaría
Portas abertas – Escola Infantil
A escola infantil Atalaya Cantabria abre as súas portas o próximo día 23 ás familias de todo o alumnado. Será a partir das 17h, non volo perdades.
Libros de texto 2023-2024
Informamos de que xa está dispoñible a lista de librerías onde se poden conseguir os libros de texto de Educación Infantil e Primaria para o novo curso 2023-2024. Preme no botón para descargar un documento PDF que contén esta información: Descargar lista en PDF
Horario de atención
Informamos que os horarios de atención para Secretaría e Dirección son os seguintes: Secretaría:09:00-14:00 (Setembro-Xuño)15:30-16:30 (Setembro-Xuño) Excepto Mércores de tarde!Dirección:09:00-10:00 (Luns, Mércores e Venres) Persona de atención da secretaría: Ángeles Araujo Navia Teléfono: 986.27.60.12 Email: secretaria@colegioatalayacantabria.com
E-Dixgal
Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado.
Para conseguilo, Abalar proporciona aos centros e a comunidade educativa os seguintes elementos:
- A conectividade e o equipamento
- Os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais
- Accións de formación e difusión para docentes e familias
- Canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias.
Equipo de dinamización da lingua galega
Agarimos da túa lingua
Coñecendo a riqueza da nosa lingua e cumprindo a normativa vixente, a nosa comunidade educativa promove e valora positivamente o uso do galego en tódolos os ámbitos da actividade do centro, desenvolvendo e contextualizando o proceso de ensino-aprendizaxe da lingua galega, en función das características do noso alumnado. O obxectivo principal é o seu progreso nas catro habilidades básicas e instrumentais da lingua: escoitar, falar, ler e escribir, coa finalidade de espertar o seu interese pola nosa cultura, empregando o traballo cooperativo do alumnado a través do diálogo e as novas tecnoloxías, para facilitar a integración de todos aqueles que non coñecen a lingua galega.