etapas da educación

Oferta formativa

niño con el uniforme del colegio Atalaya Cantabria bajando por un tobogán en el recreo
ciclos de educación

Infantil e Primaria

Abarcamos a educación dos nenos dende a Escola infantil (0-3 anos), Educación Infantil (3-6 anos) e Educación Primaria (6-12 anos).

Ofrecemos servicios de comedor, aula madruga, aula de concilia-estudio totalmente gratuita, transporte e actividades extraescolares.

Escola Infantil (0-3 anos)

Con mais de 20 anos de experiencia, contamos cun equipo profesional debidamente cualificado, formado por especialistas en educación infantil e educadoras infantís de grao superior.

2º Ciclo de Infantil (3-6 anos)

Os obxectivos prioritarios neste nivel son: o desenvolvemento da autonomía persoal, a socialización e traballar a través dunha metodoloxía globalizada e lúdica.

Primaria (6-12 anos)

Os estudantes reciben unha educación orientada non só ao desenvolvemento do aspecto cognitivo senón que ademáis centra a súa atención na formación en valores. Coñecedores de que os alumnos teñen diferentes estilos de aprendizaxe e que se adecúan ás metodoloxías para optimizar o ensino nas diferentes áreas curriculares.

escola infantil

De 0 -3 anos

O noso propósito é establecer un ambiente cheo de aprendizaxes e experiencias, mediante o desenrolo de programas educativos, dacordo coa idade, características e necesidades de cada alumno.

2º ciclo de infantil

De 3-6 anos

Os nosos espazos e materiais están actualizados de forma que xeran un agradable ambiente de traballo. As aulas dispoñen de recunchos diferenciados que lles axudan a aprender xogando e a desenvolver destrezas propias do seu proceso evolutivo. Desde os primeiros anos, con programas de estimulación temperá, potenciamos o desenvolvemento cognitivo dos nosos alumnos. Creamos un ambiente de aula rica en estímulos, potenciando a súa creatividade e desenvolvemento integral. Para iso prestamos especial atención á psicomotricidade, traballamos mediante aprendizaxe por proxectos e iniciación á lingua estranxeira como centro Plurinfantil. Nesta etapa incorporamos progresivamente as novas tecnoloxías como complemento a un modelo de traballo dinámico e motivador. O centro conta cun ximnasio e parque no patio exterior. Comedor. Extraescolares axeitadas as súas idades. Aula Concilia (Totalmente Gratuita 15:30-16:30).

primaria

De 6-12 anos

Metodoloxía innovadora e activa estimulando en todo momento ó alumnado, dándolle moita importancia as actividades para o desenvolvemento do potencial de aprendizaxe e reforzo educativo, contando cun equipo de orientación coordinado permanentemente cos titores e titoras e demáis especialistas do centro, atendendo todas as necesidades de cada un dos nosos e nosas alumnos e alumnas para unha mellora na adquisición de aprendizaxes instrumentais e significativos, así coma o desenvolvemento das habilidades sociais e cognitivas.
Esta etapa está organizada en 3 ciclos de 2 anos de duración cada un, que abarca as idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Entre os 6 e os 7 anos (primeiro ciclo de E.P.) os alumnos experimentan un notable desenvolvemento psicomotor, cognitivo, persoal, social e moral. O segundo ciclo, desde os 8 aos 9 anos, caracterízase pola importancia da vida en grupo e o traballo cooperativo, grazas ao cal se logra que o neno/a evolucione cara a un pensamento máis abstracto. No último ciclo, entre os 10 e os 12 anos, predomina o logro dun pensamento máis ordenado grazas ás novas adquisicións cognitivas. O centro conta cun ximnasio e parque no patio exterior. Comedor. Extraescolares axeitadas as súas idades. Aula Estudio (Totalmente Gratuita 15:30-16:30).

actividades e servizos engadidos

Servizos

Comedor

O colexio conta con servicio de comedor para os nenos en nenas en horario de 14:00h ata ás 15:30h.

Extraescolares

Ofrécense actividades extraescolares como natación, taekwondo, inglés, ximnasia rítmica ou xadrez.

Transporte

Ofrécense percorridos en varias liñas, con 4 servizos diarios, que poden axustarse baixo demanda.

Aula matinal

O colexio conta con servizo de aula matinal ou de madrugadores, dende as 7.30h ata ás 8.50 h.

Aula de estudio

Para os alumnos que o desexen dispoñemos de aula de estudio gratuita, cun horario de 15.30h ata ás 16.30h.

× Escríbenos!