O noso centro comezou as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do PLAN DIXITAL no curso 2021-2022.
Para a elaboración do noso Plan Dixital tivemos en conta as principais fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades para mellorar as competencias dixitais en todos os niveis e etapas educativas, mellorando así as denominadas competencias STEM, e marcándonos obxectivos de cara aos vindeiros cursos, seguindo a estratexia de Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia cun alumnado dixital pleno e o perfeccionamento das competencias e capacidades dixitais para unha transformación dixital.
O noso colexio conta con tres novas pizarras dixitais este curso 2022-2023 grazas aos fondos de Mecanismo de Recuperación e resilencia, tal e como reflicte o artigo 34 do Regulamento 2021/241 do parlamento europeo e do consello do 12 de febreiro de 2021. Isto contribue a consecución dos obxectivos propostos no noso plan dixital instaurado o ano pasado no noso centro escolar.