PROXECTO SOGAMA
Mediante a reutilización de materiais, neste caso, rollos de cartón de papel de cociña. As rapazas e os rapaces de todo o colexio fabricaron o seu propio micrófono, relacionado con temática do entroido que eran estilos musicais .
As rapazas e os rapaces de quinto e sexto de primaria resultaron gañadores do concurso organizado polo museo e centro de interpretación das Illas Atlánticas. O proxecto consistiu nunha representación da fauna existente nas illas. A escultura debía realizarse con materiais reciclados ou reutilizables. Nas imaxes pódense ver as figuras gañadoras.
Nalgunhas saídas culturais aproveitamos para coidar o medio ambiente coa recollida de residuos nas praias, así como visitar centros educativos que promoven o coidado do noso entorno como o Museo do Mar.
As alumnas e os alumnos da escola, fixeron unha exposición de instrumentos musicais feitos con materiais reciclados. Todo isto dentro dunha actividade promovida pola materia de Música.
Celebrando a semana do libro, algúns dos proxectos foron reutilizando obxectos que normalmente irían ó lixo. Cousas como tubos de papel hixiénico ou caixas de zapatos serviron para realizar bonecos ou un muro de ladrillos. Continuamos dándolle outra vida a estes materiais.
As rapazas e os rapaces de 6° de primaria, participaron no concurso de carteis de SOGAMA. Con estes carteis, intentan convencer e facer reflexionar sobra a importancia da reciclaxe para o futuro do noso planeta. Estas foron as diferentes propostas de carteis.
Os cursos 1°, 2°, 3° e 4° fixeron unha visita a empresa local de recollida de residuos. Alí recalcáronlle a que contedor hai que tirar cada residuo. Unha saída máis para continuar co noso obxectivo de concienciar aos nenos e as nenas da importancia de reciclar correctamente.
Unha vez máis, recibimos unha visita no colexio, dunha educadora representando a SOGAMA, para dar unha charla as rapazas e aos rapaces relacionada coa regra das 3 R. Toda información é ben recibida.
As nenas e os nenos de primeiro de primaria, participaron nun concurso de carteis. XII Concurso escolar «Cuidamos el medioambiente» organizado por pegamentos UHU.
Patrullas Verdes. Tódolos nenos e tódalas nenas de todos os cursos son encargados da recollida dos residuos que quedan no patio ao rematar o recreo. Cada día da semana ten asignada a súa patrulla. Elas e eles son os encargados de depositalos no contenedor correspondente. Cada curso leva a súa correspondente acreditación.