Proyecto infantil

PROXECTO CÓIDOTE E QUÉROTE

CREACIÓN DA NOSA PROPIA GRANXA

Iniciábase cada sesión coa presentación dun animal doméstico e unha pequena investigación acerca da sua morfoloxía, movementos, alimentación e coidados e incorporándoos á granxa. Paralelamente foron confeccionando un libriño onde íase anotando o vocabulario axeitado a cada animal o que permitiu a incorporación da expresión escrita ao proxecto. Xogos, cancións, e o emprego da expresión corporal completaron o coñecemento sobre o tema tratado. Rematouse cunha dramatización onde se reflexaba a dinámica dos coidados dos animais e as diferentes profesións vinculadas a granxa (veterinario, granxeiro, esquilador)

INVESTIGACIÓNS E EXPOSICIÓNS SOBRE ALGÚNS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Aleatoriamente, foron repartidos  na aula distintos animais sobre os que as nenas e os nenos tiveron que investigar, coa axuda das súas familias algúns dos seguintes aspectos: discriminación entre doméstico e salvaxe, coidados que precisa, como nacen e algunhas curiosidades sobre dita especie. Todo isto recollérono nun mural que posteriormente expoñeron aos seus compañeiros e compañeiras, permitindo así coñecer 19 novos animais. Deixamos algunhas imaxes dos murais e das exposicións.

 

TALLERES DE FAMILIAS

Como actividade conxunta coas familias, programamos esta actividade baixo o nome “Protexe aos animais”
As familias visitaron o centro en horario lectivo, sendo os encargados de tratar temas como:
Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía (Alimento, coidado, enfermedades, obrigas, vacunacións, coidados médicos…)
Comprender o significado dun abandono animal e as consecuencias que elo supón.
Coñecemento da opción de adopción dun animal, así como onde poden facelo.
Qué é e como funcionan unha protectora e un refuxio para animais.
Concienciar aos rapaces no respeto aos animais.
Os asistentes, participaron activamente facendo unas xornadas lúdicas e moi participativas, mostrándolles mascotas adoptadas ou acollidas por ser atopadas nas rúas (cans, gatiños, coellos..) trouxeron mostras dos útiles de hixiene para os coidados de hixiene e alimento etc.
Unha actividade moi exitosa da que os nosos [email protected] aprenderon moitísimas cousas sendo eles mesmos coprotagonistas.

Adxúntamos as imaxes e un video resumo de todas as familias participantes nesta proposta.

EXCURSIÓN A GRANXA ESCOLA “Fervenzaventura”
Como remate final do noso proxecto, programamos conxuntamente para as tres clases de educación Infantil unha excursión a Fervenzaventura, unha granxa escola onde @s [email protected] fixeron talleres variados referidos a temática do noso proxecto, interactuaron cos animais da granxa coñecendo de primeira man as suas características, diferencias , aproveitamentos e os coidados que estes seres necesitan.
As actividades foron moi variadas: Coidado de cabalos e a limpeza dos establos, alimentación de coellos, ouvellas, cabras, terneiriño.. recollida de ovos no corral das galiñas.. entre outros.
En todas elas fixeron moito hincapé no coidado e respeto que se lle ten que dar sempre a un animal doméstico, sexa cal sexa a súa especie e sempre garantir unha correcta convivencia con eles.
Unha xornada completa onde os nenos e nenas, onde foron protagonistas e desfrutaron dos animais nun entorno fermoso e completamente preparado e adaptado para eles.

VISITA DA FUNDADORA DO REFUXIO «LA ISLA DE TALI»

Como última actividade do proxecto e tendo en conta que un dos nosos obxectivos é fomentar o respecto integral e previr o abandono animal, tivemos o privilexio de recibir a visita de Tali, a creadora dun refuxio animal que se atopa no concello de Nigrán. Na súa intervención falounos sobre os motivos da creación do refuxio e sobre qué facer se atopamos animais abandoados, a prevención de dita situación e cal é o seu papel actual cos animais refuxiados. Tamén tratou sobre o fomento da adopción dos animais que están no refuxio. Amosámosvos algunhas imaxes da xornada na cal Tali non foi a única convidada,xa que veu con ela unha cadela chamada Meca.